Libros

Lorena Conde

Festas de gardar

  • Colección: Adultas
  • ISBN: 9788412458633
  • Páxinas: 148
  • Dimensións: 125x200
  • Tipo: Rústico con lapelas
16.50€

Sinopse

O acto de crear (o que sexa, tanxible ou incorpóreo, duradeiro ou efémero, minúsculo ou colosal) é un fenómeno abraiante. Á marxe da fortuna no resultado dese acto de creación, xa só o feito de extraer do nada o que antes non existía é misterioso mesmo para quen o logrou.

Este efecto fascinante é o que fai que o xesto de creación n’A Feroz sexa un acto de gozo e entrega absolutos. Construímos en comunidade o que antes non existía nin sequera na imaxinación individual de cada unha de nós. O noso é un teatro de índole eléctrica, vai atravesando o circuíto que somos coma un impulso de enerxía brillante e vibrante. E nós deixámonos, claro. Porque, como non rendelo todo ante a felicidade de ver traducido o sentir e o pensar colectivo a unha cerimonia escénica que nos reúne coas nosas iguais e nos permite re-crear o xa creado unha e outra vez?

Por iso este volume, para compartir por todas as vías ao alcance a felicidade do construído e facer festa do abraio e tamén do fracaso en comprendelo completamente. Porque, como di nestas mesmas páxinas Manuel Antonio (ese non, o outro): “Marabíllame a nosa fermosísima complexidade e o perfectamente compatible que é con facer o idiota”.

Así que fagan festa con nós e gárdennos un baile.

#festas

#precariedade

#amizade

#mentiras

#amor

#medrar

#desengano

#vida

#morte

#teatro

Tamén che pode gustar