Autoras

Lorena Conde

Biografía

Lorena Conde 
(Pontesampaio, 1980) 
Licenciada en Filoloxía Hispánica e especialista universitaria en Arte Dramática pola USC. Ténica 
superior de Artes Plásticas e Deseño en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Mestre Mateo. 
Durante anos leva obradoiros escénicos de diversos centros educativos. De 2008 a 2015 dirixe Enlata 

Teatro, compañía universitaria impulsada pola Facultade de Ciencias da Educación da USC. En 2013 co- 
funda Matrioshka Teatro, compañía na que actúa, realiza o deseño gráfico e de escenografía e tamén 

escribe. En 2013 e 2014 coordina o Proxecto de creación escénica AD HOC en colaboración coa 
Facultade de Ciencias da Educación da USC e a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago. 
Dende 2014 forma parte de Farrapo Teatro, compañía para a que escribe e dirixe Frío, peza coa que gaña 
en 2016 os premios á mellor deseño de vestiario, mellor dirección e mellor espectáculo no X Festival 
Internacional de Teatro Cale-Se en Vila Nova de Gaia, Portugal.En 2017 participa na fundación da 
compañía A Feroz que en 2018 se estrea co seu primeiro proxecto,AFTERPARTY. Dende 2009 
desenvolve un labor de experimentación nas artes aplicadas no seu propio taller, A Maranha, no que se 
vai decantando pola investigación en materiais infrecuentes para xoiería, decoración e realización de 
obxectos para a escena.En 2016 gaña o XVIII Premio de poesía Miguel González Garcés con Entullo, o 
seu primeiro poemario.En 2020 faise co XXXVI Premio de poesía Cidade de Ourense co poemario As 
puntas da louza. Cancioneiro de labor.

Os seus libros