Cuarto de Inverno é unha editorial independente con sede na Galiza, mais os seus libros son libres de voar aló onde queiran.
Publicamos libros porque gostamos deles, mais tamén axudamos a escribilos, a corrixilos, a deseñalos,...
Gústannos novidosos e arriscados, riquiños e coidados, afoutos e combativos e na súa totalidade: desde a portada até as gardas, desde o código de barras até o colofón.
Os libros que editamos implican unha actitude e un posicionamento vital; un xeito, o noso, de ver o mundo e de estarmos nel.xto quen somos