1. Quen é o Responsable do tratamento dos teus datos?
Identidade: Cuarto de Inverno, S. Coop. Galega
CIF: F70601976
Enderezo: Lugar de Outeiro, s/n 15810 Arzúa
Teléfono: 617 787 077
Correo electrónicao: info@cuartodeinverno.com
2. Con que finalidade tratamos os teus datos persoais?
Cuarto de Inverno, S. Coop. Galega recolle datos persoais a través dos seguintes formularios:
- Fomulario de "Subscríbete": A finalidade do tratamento de datos persoais vai ser identificar ás persoas que decidiran facerse subscriptoras de Cuarto de Inverno e acceder a todos os libros publicados pola editora a un prezo especial, notificar cuestións relacionadas coa subscripción, o envío dos libros, xeración de facturas e domiciliación dos pagamentos.
- Formulario de "Rexístrate": A finalidade do tratamento dos datos vai ser manter relacións comerciais coas persoas interesadas, como a compra de produtos na tenda virtual de Cuarto de Inverno, comunicar o envío dun pedido ou a realización do propio envío dun pedido ao enderezo indicado na compra.
Cuarto de Inverno comprométese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que lle sexa facilitada.
3. Por canto tempo imos conservar os teus datos?
Os datos persoais proporcionados vanse conservar mentres siga vixente a finalidade pola que se recolleron e non se solicite a súa supresión pola persoa interesada. No caso de inactividade pola túa parte, Cuarto de Inverno vai conservar os datos de carácter persoal facilitados por un período máximo de cinco anos.
4. Cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos?
A lexitimación para o tratamento dos datos persoais, basease no consentimento expresado pola persoa interesada en manter relacións comerciais con Cuarto de Inverno, así como no caso de que se executen medidas contractuais ou precontractuais e no interese lexítimo para o establecemento de relacións profesionais.
5. A que destinatarios se van comunicar os teus datos?
Os teus datos non se van ceder nin comunicar a terceiros en ningún caso.
6. Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?
Podes exercer todos os dereitos segundo a lexislación vixente sobre protección de datos.
Obter confirmación por parte do responsable do tratamento de si se están tratando ou non datos persoais que te incumben. Acceder aos teus datos persoais, solicitar a rectificación de datos inexactos, solicitar a supresión de datos que xa non sexan necesarios para os fins que se recolleron, solicitar a limitación ou oposición do tratamento dos datos, conservándose neste caso unicamente para o exercicio de posibles reclamacións, e solicitar a portabilidade dos seus datos.
En caso de que tratemos os teus datos para algunha finalidade na que solicitáramos o teu previo consentimento, tes dereito a retirar o mesmo en calquera momento sen que isto afecte á licitude do tratamento previo á túa retirada.
Podes exercer os dereitos indicados anteriormente ante o responsable do tratamento, cuxos datos figuran neste documento, achegando o correspondente documento que te identifique.
Así mesmo, se consideras que os teus datos foron tratados de forma inadecuada, terás dereito a presentar unha reclamación diante da Agencia Española de Protección de Datos (C/ Jorge Juan, 6. 28001 – Madrid www.agpd.es).