Autoras

Ángela Curro

Biografía

Ángela Curro (Vilagarcía de Arousa, 1985) naceu no ano 1985 en Vilagarcía de Arousa, aínda que ao pouco tempo traladouse a Moaña.

Estudiou o Ciclo Superior de Ilustración na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense e, posteriormente, a Licenciatura en Belas Artes na Universidade de Vigo.

En 2022 publicou a novela gráfica Baixo o pantano, unha historia de ciencia ficción como autora completa. Posteriormente formou equipo con Ricardo Vílbor e Alicia Soria na adaptación a cómic da novela La gota de sangre (2024) de Emilia Pardo Bazán.

No 2025 publica en Cuarto de Inverno O nobelo de Nenuca, III Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer con Irene Alonso Gasalla.

Os seus libros