Biografía
Irene Alonso Gasalla (Pontevedra, 1980) é licenciada en Filoloxía Inglesa pola Univeridade de Vigo.
Despois de traballar como profesora de castelán en colexios de Reino Unido, en 2008 comezou o seu labor docente como profesora de inglés en centros públicos de Galicia.
No 2021 comezou a publicar as súas primeiras obras para público infantil. As cicatrices do caranguexo, A caca cuca as que seguiron A caca cuca viaxa a UK (2023), Refugallo o Espantallo (2023) e O rap do Coello Fedello (2024).
Gañou o I premio de microrrelatos FANPA con Recordos na soleira (2022), o I premio AFAGA de relato curto con As maceiras do Avó (2024) e o III Premio Simbad para o Recordo e o Alzhéimer con O nobelo de Nenuca (2025).