Autoras

Andrea Maceiras

Biografía

Andrea Maceiras (A Coruña, 1987) é licenciada en Filoloxía Galega, en Filoloxía Hispánica e doutora pola Universidade da Coruña.

Publícase a súa primeira novela, Proxecto Bolboreta, no ano 2007. Desde entón, leva editadas doce obras destinadas ao público infantil e xuvenil, moitas delas recoñecidas con premios a nivel autonómico e nacional e traducidas a outras linguas. En 2010 publica Violeta tamurana, Premio Meiga Moira, galardón que volve acadar con Miña querida Sherezade no 2014. En 2013 sae á luz a súa novela Nubes de evolución, finalista do Premio Fundación Nova Caixa Galicia e Premio Fervenzas Literarias. Con Volverás, golfiño queda finalista do Premio Merlín. En 2015 gaña o Premio Jules Verne por Europa Express e en 2017 é finalista do Premio Raíña Lupa por O que sei do silencio. Con Conta nove estrelas, obra incluída na lista de honra da OEPLI no 2019, gaña o premio Lazarillo 2018, así como o Premio Frei Martín Sarmiento. En 2020 gaña o Premio dos Clubs de Lectura da Consellería de Educación e obtén o Premio Merlín por A folla azul. No ano 2021 faise co Premio Raíña Lupa por Que se me pare o corazón se te esquezo e, ao ano seguinte, gaña o XIX Premio Anaya coa súa novela Alma de elefante.

Nas súas obras aborda temas como a identidade, o ecoloxismo ou a procura do noso lugar no mundo, e integra con frecuencia elementos máxicos e de fantasía.

Os seus libros