Sinopse
Casiopea é unha gata doméstica, pouco afeita ás aventuras. Non pode imaxinar que será a primeira gata de Agarimo en ver un alien, tampouco que o acollerá na súa casa nin o desastre que se vai formar.
Do outro lado da rúa, Alma vive con ansiedade a chegada dos seus tres terribles curmáns. Noa está sempre enfadada, Luc non para de chorar e Nico só cala e observa. Así é imposible concentrarse nos deberes de matemáticas!
Malia todo, Agarimo non é un lugar tan tranquilo como parece... E un alien capaz de fundir todas as luces da urbanización cando perde os nervios non é un segredo fácil de agochar.
Se cadra, no planeta Sosego teñen razón e a calma é a solución perfecta.
O problema é que, ás veces, as emocións estouran coma burbullas.