Biografía
Juan Baquero é un profesor e escritor nado en Pontevedra en 1980. A paixón polos contos, así como a súa profesión, herdounas da súa nai.
Mestre de Educación Infantil e Primaria, traballa no Colexio Sagrado Corazón de Pontevedra, no que todo o mundo o coñece como "o profe Juan". Os contos son a súa mellor ferramenta para enganchar os alumnos e alumnas por todo o que lles pode transmitir.
Desde o curso 2024-2025 tamén coordina o equipo de biblioteca do seu centro e realiza numerosas actividades como contacontos, xogos e experimentos.
Fomentar a lectura entre os máis pequenos e as súas familias levouno a crear unha conta en Instagram, @elprofejuantecuentauncuento, e a publicar Desde la ventana (Gunis, 2022), un conto dedicado aos seus alumnos e as súas familias tras o vivido durante e despois da pandemia.