Biografía
Nacín no Hospital Xeral de Vigo en outubro de 1993 sendo unha pedra de granito, e ata hoxe.
Polo medio quedei traumatizado coa morte de Lady Di, vin Pasión de gavilanes cinco veces e tamén conseguín graduarme en Lingua e Literatura Inglesas pola USC.
O meu micropoemario O sentido común (@o_sentido_comun) quedou segundo no III Certame Literario Mazarelos. Ademais, publiquei a folla voandeira Manual de estilo en 2019, baixo o paraugas editorial Leite Edicións, e algúns dos meus textos foron incluídos na antoloxía Poesía galega novísima, publicada por Urutau en 2020. No 2021 saíu o meu primeiro poemario COSMO(a)GONÍA (Edicións Fetiche). Agora parece ser que me dedico a contar contos.
Atópame en:
@pedradegranito