Autoras

Antonio M. Fraga

Biografía

Antonio M. Fraga é un escritor galego nado en Nogueirosa (Pontedeume) en 1976.

Estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol, mais a vida teimaría por levalo cara ao eido das letras.

Xa asentado no coruñés barrio de Monte Alto, en 2013 gaña o X Certame de microrrelatos da Lonxa Literaria de Moaña e o Premio Merlín coa obra O Castañeiro de Abril.

Posteriormente publica outros títulos dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil, tales como Xildas, Tártarus ou O capitán Maimiño.

En 2015 gaña o I Premio Antón Risco de Literatura Fantástica coa novela Querido H.P. Lovecraft, obra pola que consegue tamén o Premio da Crítica Galicia de Creación Literaria en 2017.

Con O bestiario científico de Anxos Nogueirosa obtén en 2018 o I Premio “María Victoria Moreno” de Literatura Xuvenil. Xa en 2019 este título acada o premio da Gala do Libro Galego á mellor obra xuvenil.

En 2020 acada o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil coa obra santoamaro, incluído no catálogo The White Ravens dese mesmo ano.

Algúns dos seus títulos foron traducidos a idiomas como castelán, inglés, catalán ou eúscaro.

Os seus libros