Autoras

Pilar Ortega Pereiro

Biografía

Pilar Ortega Pereiro nace en Vigo no ano 1975. Estuda Enxeñería Industrial e, dende o ano 2001, exerce como docente de Tecnoloxía no ensino secundario. 

Dende ben pequena compaxina a súa paixón polas ciencias puras coa necesidade de expresar o seu mundo a través da escrita. Por iso, cando escribe, intenta dar con ese lugar misterioso onde se atopan a matemática e a poesía. Aínda que cambiou de opinión sobre moitas cousas na súa vida, dende que aos doce anos leu O Principiño, este segue a ser o seu libro favorito. Prefire os relatos curtos ás novelas longas e encántalle escoitar poesía.

Varios dos seus contos foron premiados en concursos literarios e están recollidos dentro de volumes colectivos: “París de Oito a Nove” (Xerais, 2001), “O soño do peneque” (Baía Edicións, 2011), “Sereo”, "Vigófono" e "Noites de voda(ou non)" (Editorial Elvira).

No seu haber conta co XII premio de Microrrelato Carlos Casares, o 2º premio de Novela Curta do concello de Soutomaior pola obra Virxinia(Xerais, 2008)), o XIX premio de narración curta Ánxel Fole por Principio de Incerteza( Xerais, 2018) e o IV premio María Victoria Moreno de Narrativa Xuvenil pola novela O segredo de Al'eume.

Os seus libros