Biografía
Emma Pedreira (A Coruña, 1978). Poeta e narradora.
Como poeta ten publicado dez títulos ente os que destacan O Libro das mentiras, Antídoto ou As voces ágrafas. O seu poema "Lista da compra da viúva" foi considerado en 2017 o Mellor Poema do Mundo. Foi musicado polo músico Xoao Berlai no seu último traballo, “Cas Berlai”. Oturos poemas seus como "É importante falar baixiño agora" ou "Castelo de Mentiras" foron versionados e musicados pola música e poeta asturiana Ana Lamela ou "Sapo de Lesbos" polo grupo vigués Xardín Desordenado.
Como narradora publicou Besta do seu sangue (Premio Xerais 2018 e Arzebispo San Clemente) ou Bibliópatas e fobólogos, que resultou Premio da Crítica Española en Lingua Galego no ano 2017. En 2019 publica a súa primeira obra para público xuvenil, Os corpos invisibles, coa que acadou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e o premio da Gala do Libro Galego 2020 como mellor obra xuvenil.
En Baía Edicións ten publicada a novela As fauces feroces e é unha das autoras incluída na antoloxía de relatos Entre Donas.
En 2021 publica, xunto coa ilustradora Laura Romero, o libro XelArias, palabra á intemperie, que visita, en clave de biografía poética a vida e obra de Xela Arias, poeta e tradutora á que se lle adican as Letras Galegas de 2021.
Como tradutora traduciu ao castelán a súa propia obra dentro do libro bilingüe galego-castelán Antídoto ou a tradución ao español de Corazón y demás tripas.
Como artista plástica fai pequenos libros de artista e collages, como os que ilustran o poemario a catro mans O Elo, xunto con Quico Valeiras ou creou portadas para libros, diarios e revistas, así como ilustracións interiores. Ademais, as súas obras poético-visuais O fotográfo e As cicatrices son para a amante, combinan poesía e collage.