Autoras

Tamara Andrés

Biografía

Tamara Andrés (Combarro, 1992) formouse en tradución e interpretación e literatura comparada. Desenvolve unha tese na Universidade de Vigo sobre tradución e poesía galega de autoría feminina mentres traballa como tradutora e revisora.

En 2015 saíu do prelo o texto Amentalista, unha homenaxe ao pintor René Magritte, e gañou o Premio de Poesía O Facho co poemario Nenæspiraes. A finais de 2017 publicou Corpo de Antiochia, traducido ao castelán e finalista do Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2018. Textos seus foron premiados en diversos certames e publicados en obras colectivas, como nas antoloxías No seu despregar (2015, Apiario) ou Anthology of Young Galician Poets (2019, Vakxikon). Irmá paxaro quedou finalista do I Premio María Victoria Moreno.

Alén de poñer en práctica a dimensión escénica e corporal do texto e de participar en proxectos teatrais e audiovisuais, imparte obradoiros poéticos e de animación lectora e organiza diversos eventos literarios.

Os seus libros