Bases III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil

Primeira: Poderá concorrer a este premio calquera persoa que presente escritos inéditos da súa autoría redactados en lingua galega e cunha extensión máxima de 250.000 caracteres.


Segunda: Os orixinais presentaranse en formato .PDF, gravados nun CD ou nunha memoria externa, maquetados en formato DIN-A4, en letra Times ou semellante de corpo 12 e a dobre espazo. Os orixinais irán acompañados dun sobre fechado que conterá a identidade da persoa autora (nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico) e o título definitivo da súa obra, facendo constar no exterior «III premio de literatura Xuvenil María Victoria Moreno» e o título ou lema da mesma.  


Terceira: O prazo de entrega será desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia ata o día 30 de xuño de 2020 e os orixinais deberán entregarse no Pazo da Cultura de Pontevedra, Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra. Por Resolucion da Presidencia do 15 de abril acordouse declarar a non aplicación da suspensión de prazos decretada pola Disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, conforme á excepción recollida no punto 4 de dita disposición adicional, ó tratarse dun Premio enmarcado no XXI Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, un dos programas culturais e educativos máis importantes que se desenvolven en Galicia, sendo o seu obxectivo fundamental a dinamización da lectura e o uso da lingua galega. O premio está previsto nominativamente no orzamento xeral do Pazo, e a súa convocatoria supón o fomento deste tipo de iniciativas que contribúen a achegar a cultura a toda a cidadanía e darlle unha maior proxección ao Salón do Libro de Pontevedra. 


Cuarta: As Bases Reguladoras serán as dispostas na Ordenanza Xeral de subvencións do Concello de Pontevedra aprobada polo Pleno municipal de data 17 de setembro de 2004, e publicada nol BOP de Pontevedra nº 190 de data 20 de setembro. 


Quinta: O Xurado estará composto por unha persoa representante da familia de María Victoria Moreno, unha persoa representante do Concello de Pontevedra e unha persoa representante de Cuarto de Inverno. 


Sexta: O fallo do Xurado terá lugar en Pontevedra durante o mes de Xullo. 


Sétima: A obra gañadora será premiada coa publicación do libro e 4.000 euros que abonará o Concello de Pontevedra a través do Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra, Cuarto de Inverno, mediante contrato privado coa persoa autora, será a encargada da edición e publicación da mesma en lingua galega sendo a titular dos dereitos durante os seguintes cinco anos á concesión do premio. A persoa beneficiaria do premio, recibirá gratuitamente 25 exemplares da obra publicada e terá dereito a unha participación proporcional nos ingresos derivados da explotación da obra. 


Oitava: Serán por conta da persoa premiada todos os impostos que graven a percepción do premio. De conformidade coa vixente lexislación española, o premio obxecto deste Concurso estará, suxeito a retención do IRPF, que será asumido pola persoa gañadora. As demais repercusións fiscais que a obtención do premio teña na fiscalidade da persoa premiada, será por conta desta, polo que o Concello de Pontevedra queda exonerado de calquera responsabilidade ao respecto. Os pagamentos realizaranse contra documento fiscalmente recoñecido en calquera dos tres idiomas seguintes: galego, castelán ou inglés. 
As entidades convocantes resérvanse o dereito a publicar, xunto co fallo, os lemas das obras finalistas cuxa publicación recomendase o Xurado, mais sen abrir a plica, para respectar así o seu anonimato. As persoas autoras das obras mencionadas que así o desexen, poderán pórse en contacto con Cuarto de Inverno para trataren o tema da publicación a través do mail info@cuartodeinverno.com. 


Novena: Se a calidade literaria das obras non fose estimábel, segundo o criterio do Xurado, o premio poderá declararse deserto. 


Décima: Os orixinais que non resulten premiados serán devoltos as persoas autoras dos mesmos no caso de o requiriren por escrito antes de rematar o mes seguinte á decisión do Xurado. 
Undécima: A participación neste premio implica a aceptación incondicional das súas regras, así como o recoñecemento da decisión final do xurado como irrevogable.