Autoras

María Lado

Biografía

María Lado comezou a escribir entre as xentes do Batallón Literario da Costa da Morte.

Como poeta ten publicado A primeira visión (1997), casa atlántica, casa cabaret (2002), berlín (2005), Nove (2008), Amantes (2011) e oso, mamá, si? (2015) que foi escollido mellor libro de poesía na I Gala do Libro Galego. 

Tamén é autora dos libros para crianzas Porque Cuqui non quere ir á lavadora (2014) e 5 minutos (2017), Mulleres Bravas da Nosa Historia: Rosalía de Castro (2016) e da novela xuvenil Entre os dous hai un río (2016).

Dende o ano 2005 mantén coa poeta Lucía Aldao varios espectáculos baixo o selo Aldaolado cos que percorren escenarios do máis diverso, dende teatros ate palcos de festa. É, tamén, unha das creadoras do colectivo Poetas da Hostia



 

Os seus libros